Axenda Urbana de Arteixo
Proxecto Londra
No municipio de Arteixo seguimos traballando cara á transformación da nosa comunidade. Seguimos poñendo en marcha accións na procura dun futuro máis respectuoso co medio ambiente e implementando melloras, coma o programa Londra Arteixo, para a restauración de ecosistemas fluviais e a reducción do risco de inundación na contorna urbana dos ríos Bolaños e Bidueiro.
Londra Arteixo nace no ano 2021. É unha iniciativa para a restauración de ecosistemas fluviais e a reducción do risco de inundación na contorna urbana dos ríos Bolaños e Bidueiro.
Consta de dúas liñas básicas de actuación: Obra Civil e Ambiental, uníndose así a vertente hidráulica coa parte estética.
Que queremos conseguir
- Achegar ao cidadán as melloras de renaturalización do leito e promover a mobilidade activa e a concienciación cidadá.
- Poñer en valor espazos naturais. Educar sobre medioambiente e especies invasoras.
- Mellorar a calidade das augas.
Sobre o Proxecto
O Proxecto Londra desenvólvese no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola UE a través dos Fondos Next Generation.
Os proxectos levados a cabo ou en proceso dentro deste programa son:
- Zona de baixas emisións 2021.
- Humanización do Paseo do Balneario.
- Suministro de elementos para o servizo municipal de bicicletas.
- Zona de baixas emisións 2022.
- Mellora da mobilidade activa.
- Accesibilidade e itinerarios escolares seguros en zona oeste do núcleo urbano.
- Mellora da accesibilidade e conectividade de paradas de transporte público.
- PIREP local.
- Reformado de básico e proxecto de execución para a rehabilitación e eliminación de elementos disconformes da capela do complexo Balneario de Arteixo para o seu destino a sala municipal multiusos.
- Plan de sostibilidade turística en destino.
- Proxecto Londra.
- Rexeneración do hábitat.
- Obra civil.
- Transformación dixital das Administracións Públicas.
- Renovación da infraestructura de rede do Concello de Arteixo.
Falemos de Londra
José Manuel Caamaño, concelleiro de Obras do concello de Arteixo; Alejandro Peña, técnico de Obra Civil e José María Ruiz Mora, técnico de Medio Ambiente, conversan e reflexionan sobre o feito e os retos futuros que se plantexan a raíz da execución do Proxecto Londra.
Quen participa no Proxecto Londra
- Unión Europea / Fondos NextGenerationEU.
- Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través da Fundación Biodiversidade.
- Concello Arteixo. Promotor do proxecto.
- Augas de Galicia. Axuda e autorización para levar a cabo o Proxecto Londra.
- Todos e todas as veciñas e asociacións veciñais do Concello de Arteixo.
Actuacións
Actuacións obra civil:
- Perfilado marxe dos ríos de Arteixo.
- Contrucción dunha nova obra drenaxe transversal.
- Eliminación de estorbos e elementos non desexados do leito do río.
Actuacións ambientais:
- Limpeza e retirada de residuos sólidos do leito dos ríos e da sua contorna.
- Recuperación do hábitat e bosque de ribeira.
- Reforestación mediante a plantación de 70-80 árbores novas nun espazo duns 4 quilómetros ao longo do leito do río.
Esta reforestación inclúe tres tipos de plantacións:
- Plantación de ribeira (amieiros, salgueiros, freixos).
- Plantación de acompañamento – mediante especies que necesitan menos auga – (carballos, castiñeiros).
- Plantación de arbustos autóctonos.
De cara ao futuro:
Retos en materia ambiental:
- Controlar as especies invasoras, especialmente no ámbito costeiro.
- Minimizar vertidos ríos.
Retos en materia de obra civil:
- Ampliar as zonas de actuación e continuar coa senda.
- Reperfilar taludes.
- Mellorar zonas de drenaxe.
Proxecto financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do PRTR, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
