ODS 1 – Fin da pobreza
Metas
Meta 1.1
1.1 Para 2030, erradicar a pobreza extrema para todas as persoas no mundo, actualmente medida por un ingreso por persoa inferior a 1,25 dólares ao día.
Meta 1.2
1.2 Para 2030, reducir polo menos á metade a proporción de homes, mulleres e nenos e nenas de todas as idades que viven na pobreza en todas as súas dimensións conforme as definicións nacionais.
Meta 1.3
1.3 Poñer en práctica a nivel nacional sistemas e medidas apropiadas de protección social para todos e, para 2030, lograr unha ampla cobertura dos pobres e os máis vulnerables.
Meta 1.4
1.4 Para 2030, garantir que todos os homes e mulleres, en particular os pobres e os máis vulnerables, teñan os mesmos dereitos aos recursos económicos, así como acceso aos servizos básicos, a propiedade e o control das terras e outros bens, a herdanza, os recursos naturais, as novas tecnoloxías e os servizos económicos, incluída a microfinanciación.
Meta 1.5
1.5 Para 2030, fomentar a resiliencia dos pobres e as persoas que se atopan en situacións vulnerables e reducir a súa exposición e vulnerabilidade aos fenómenos extremos relacionados co clima e a outros desastres económicos, sociais e ambientais.
Meta 1.a
1.a Garantir unha mobilización importante de recursos procedentes de diversas fontes, mesmo mediante a mellora da cooperación para o desenvolvemento, a fin de proporcionar medios suficientes e previsibles para os países en desenvolvemento, en particular os países menos adiantados, para poñer en práctica programas e políticas encamiñados a poñer fin á pobreza en todas as súas dimensións.
Meta 1.b
1.b Crear marcos normativos sólidos no ámbito nacional, rexional e internacional, sobre a base de estratexias de desenvolvemento en favor dos pobres que teñan en conta as cuestións de xénero, a fin de apoiar o investimento acelerado en medidas para erradicar a pobreza.




































