Agenda Urbana de Arteixo

PROGRAMAS COMISIÓN EUROPEA

COMISIÓN EUROPEA. SMART COMMUNITIES DIGITAL TWINS

Dixital Twins é un programa da Comisión Europea para o asesoramento a 150
cidades europeas para a aceleración da transformación dixital e o desenvolvemento de capacidades
dixitais.

O obxectivo do Programa é fomentar a creación e implantación de xemelgos dixitais
locais e outras solucións dixitais en zonas rurais e urbanas, garantindo que a
tecnoloxía sexa accesible para todos e mellorar as capacidades de xestión e a
anticipación de necesidades, retos ou riscos. Uns dos resultados do programa é
a elaboración dunha folla de roteiro personalizado para cada cidade na que se identifican
distintos fitos constituíndose como instrumento de planificación para a
implementación dun xemelgo dixital local.

O proxecto consta de diferentes fases:

1. Sesións entre cidades e asesores.
2. LORDIMAS, ferramenta para avaliación da madurez dixital que permite
avaliar o proceso dixital do Concello, fomentar o intercambio de datos
abertos e promover unha gobernanza máis eficiente a través de distintos
indicadores.
3. Avaliación de estratexias.
4. Avaliación da infraestrutura informática.
5. Folla de roteiro de dixitalización a medida para o Concello de Arteixo.
6. Apoio á contratación, especialmente a Compra Pública de Innovación e as
Consultas Públicas ao Mercado.

O prazo de execución destas actividades tivo lugar entre abril e agosto de 2024.

 

INTELLIGENT CITIES CHALLENGE (ICC-EU) – PACTOS VERDES LOCAIS (LGD)

No marco de AURA e como inicio da Fase 3 da mesma (Axenda Urbana compartida) o Concello de Arteixo, no marco do programa da Comisión Europea Intelligent City Challenges (ICC) proxectou o marco de gobernanza para crear redes de acción concertada entre a administración pública e outros axentes territoriais, especialmente do sector privado e o terceiro sector.

Para iso estase traballando en 5 Pactos Verdes Locais (LGDs:

Pacto Verde Local en materia de mobilidade.

DESCRICIÓN E OBXECTIVO

Implantación do modelo de gobernanza territorial, a través da mesa da mobilidade, entre PMUS e plans de mobilidade das empresas emprazadas en Arteixo, especialmente aquelas con máis de 500 traballadores.

Accións previstas:

• Impulso da mobilidade urbana sostible (peonil e ciclista)
• Xestión da distribución urbana das mercadorías (DUM)
• Creación de áreas loxísticas para vehículos pesados
• Humanización do Polígono Industrial de Sabón.

Pacto Verde Local para o impulso da construción sostible e rexeneración ambiental.

DESCRICIÓN E OBXECTIVO

Garantir a sustentabilidade do Gran Parque de Meicende e dotar de contidos ao proxecto de renaturalización e rexeneración ambiental e paisaxística.

Accións previstas:

• Proxección da ESG (ambiental, sostible, social e gobernanza) para garantir a actividade do proxecto non só a curto prazo senón a longo prazo.
• Recuperación das parcelas agrícolas na contorna dela presa de Meicende, impulso de mobilidade sostible, mediante senllas peonís e ciclistas e a creación de sumidoiros de CO2, e o e o ciclo integral da auga, aplicando os principios da nova Bauhaus Europea.

Pacto Verde Local para o impulso dunha cooperativa enerxética local.

DESCRICIÓN E OBXECTIVO

É a continuación do protocolo de colaboración asinado polo Concello e Ekiluz, empresa participada por Repsol e Krean (Grupo Mondragón), para impulsar o desenvolvemento dunha pioneira comunidade enerxética local, que permitirá aos arteixáns xerar a súa propia enerxía solar.

A cooperativa construirá e operará unha planta fotovoltaica duns 1,7 megawatts con dúas hectáreas de superficie.

Pacto Verde Local para a formalización de infraestrutura verde.

DESCRICIÓN E OBXECTIVO

Actualmente hai un convenio asinado para a creación dunha infraestrutura verde ao redor das grandes infraestruturas e emprazamentos industriais.

O Pacto Verde céntrase na formalización dunha infraestrutura verde e a mellora ambiental e paisaxística da contorna territorialmente vinculada ás grandes infraestruturas e emprazamentos industriais, así como para a configuración de sumidoiros de CO2 e a reintroducción de lóxicas metabólicas territoriais baseadas en solucións naturais.

Pacto Verde Local para a inclusión social e a produción de proximidade.

DESCRICIÓN E OBXECTIVO

Este Pacto Verde céntrase na creación dun taller sostible para potenciar a integración no mercado laboral de persoas en situación de desemprego, exclusión ou risco de exclusión, así como a creación ou reformulación de vocacións profesionais.

O enfoque do LGD céntrase en crear unha relación sinérgica entre o sector público e privado, abordando prioridades crave de sustentabilidade como a redución de residuos e o fomento da equidade social. Ao vincular as habilidades e os recursos das diversas partes interesadas, o Taller Verde Inclusivo alíñase cos obxectivos ecolóxicos e sociais recollidos no Pacto Verde Europeo, á vez que fomenta modelos de negocio innovadores e oportunidades de emprego inclusivas aliñadas coas accións integradas en AURA.

GALERÍA DE IMAXES

CPI – PROCURE INNOVATION EU

O Concello de Arteixo está a implementar a Compra Pública de Innovación #de acordo con a súa Planificación Estratéxica. Por iso está a participar no programa de formación para compradores públicos Procure Innovation EU cuxo obxectivo principal é mellorar na adopción da contratación pública de innovación no Espazo Económico Europeo (EEE).

A innovación na Administración Pública reforza o papel de liderado dos responsables políticos e a capacidade de xerar e implementar novas ideas. Con todo, tamén supón un reto para o Sector Público, xa que estas ferramentas deben ser profundamente entendidas e aplicadas.

Os obxectivos xerais:

• Impulsar a adopción da contratación pública de innovación no Espazo Económico Europeo (EEE).
• Contribuír ao crecemento económico da UE estimulando a innovación e as empresas emerxentes.
• Mellorar a contorna empresarial das pequenas e medianas empresas (PEME) facilitando o seu acceso á contratación pública.

Obxectivos específicos:

• Esta iniciativa busca mellorar a contratación pública de innovación promovendo un cambio cultural dentro do sector público.
• O programa capacitará aos compradores públicos, incluídos o persoal e os responsables da toma de decisións, con formación especializada, alentando ás autoridades adxudicadoras a adoptar unha cultura de innovación.
• Cubrirá tanto os aspectos xurídicos como os prácticos da contratación pública.

O primeiro paso e o máis importante é que os compradores públicos aborden de maneira efectiva os desafíos da compra pública baseados no valor, a calidade e a innovación. Para iso é necesario un coñecemento actualizado e real das diferentes opcións dispoñibles no mercado e as oportunidades e/o melloras asociadas á súa innovación.

Ao participar neste programa, o concello de Arteixo está a adquirir habilidades para mellorar a súa competencia técnica na contratación pública de innovación.