Agenda Urbana de Arteixo

REDE INNPULSO

DESCRICIÓN:

A candidatura do Concello de Arteixo para formar parte da Rede Innpulso foi merecedora da distinción “Ciudad da Ciencia e a Innovación 2024”, outorgada mediante resolución da Ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, a proposta do xurado designado para ese efecto, e reunido o pasado 24 de febreiro.

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou a resolución que concede a distinción de Ciudad da Ciencia e a Innovación a 22 localidades por apostar dunha maneira decidida por políticas locais innovadoras nos seus territorios e ampliou a Rede Innpulso a 112 cidades. Entre elas está o municipio coruñés de Arteixo.

A Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación ou Rede Innpulso, é un foro de encontro e de definición de políticas locais innovadoras onde se comparten experiencias e proxectos. Actualmente, está integrado por 112 cidades de todos os tamaños, incluíndo as 22 novas incorporacións. Desde a Rede, poténciase a colaboración entre concellos compartindo boas prácticas na xestión e iniciativas de comunicación dos proxectos á cidadanía, así como o impulso de proxectos enfocados ao desenvolvemento de iniciativas de I+D+i en programas nacionais e europeos.

Ademais, a Rede promove políticas como a Compra Pública de Innovación, apóiase ás pemes e emprendedores innovadores, defínense criterios de innovación e foméntase a participación en proxectos no marco de Horizonte Europa.

DOCUMENTO:
Resolución concesión distinción de «Ciudad da Ciencia e a Innovación»