Axenda Urbana de Arteixo

Proxecto Londra

No municipio de Arteixo seguimos traballando cara á transformación da nosa comunidade. Seguimos poñendo en marcha accións na procura dun futuro máis respectuoso co medio ambiente e implementando melloras, coma o programa Londra Arteixo, para a restauración de ecosistemas fluviais e a reducción do risco de inundación na contorna urbana dos ríos Bolaños e Bidueiro.

Londra Arteixo nace no ano 2021. É unha iniciativa para a restauración de ecosistemas fluviais e a reducción do risco de inundación na contorna urbana dos ríos Bolaños e Bidueiro.

Consta de dúas liñas básicas de actuación: Obra Civil e Ambiental, favorecendo a mellora das condicións de fluxo do leito desde unha perspectiva ambiental integradora .

Participa no Proxecto Londra

A túa opinión é importante para nós. Cóntanos como podemos mellorar a contorna dos ríos Bolaños e Bidueiro.

Que queremos conseguir

  • Achegar ao cidadán as melloras de renaturalización do leito e promover a mobilidade activa e a concienciación cidadá.
  • Poñer en valor espazos naturais. Educar sobre medioambiente e especies invasoras.
  • Mellorar a calidade das augas.

Sobre o Proxecto

O Proxecto Londra desenvólvese no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola UE a través dos Fondos Next Generation.

Os proxectos levados a cabo ou en proceso dentro deste programa son:

  • Zona de baixas emisións 2021.
    • Humanización do Paseo do Balneario.
    • Suministro de elementos para o servizo municipal de bicicletas.
  • Zona de baixas emisións 2022.
    • Mellora da mobilidade activa.
    • Accesibilidade e itinerarios escolares seguros en zona oeste do núcleo urbano.
    • Mellora da accesibilidade e conectividade de paradas de transporte público.
  • PIREP local.
    • Reformado de básico e proxecto de execución para a rehabilitación e eliminación de elementos disconformes da capela do complexo Balneario de Arteixo para o seu destino a sala municipal multiusos.
  • Plan de sostibilidade turística en destino.
  • Proxecto Londra.
    • Rexeneración do hábitat.
    • Obra civil.
  • Transformación dixital das Administracións Públicas.
    • Renovación da infraestructura de rede do Concello de Arteixo.

Falemos de Londra

José Manuel Caamaño, concelleiro de Obras do concello de Arteixo; Alejandro Peña, técnico de Obra Civil e José María Ruiz Mora, técnico de Medio Ambiente, conversan e reflexionan sobre o feito e os retos futuros que se plantexan a raíz da execución do Proxecto Londra.

Quen participa no Proxecto Londra

  • Unión Europea / Fondos NextGenerationEU.
  • Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, a través da Fundación Biodiversidade.
  • Concello de Arteixo. Promotor do proxecto.
  • Augas de Galicia. Axuda e autorización para levar a cabo o Proxecto Londra.
  • Todos e todas as veciñas e asociacións veciñais do Concello de Arteixo.

Actuacións

Actuacións obra civil:

  • Perfilado marxe dos ríos de Arteixo.
  • Contrucción dunha nova obra drenaxe transversal.
  • Eliminación de estorbos e elementos non desexados do leito do río.

Actuacións ambientais:

  • Limpeza e retirada de residuos sólidos do leito dos ríos e da sua contorna.
  • Recuperación do hábitat e bosque de ribeira.
  • Reforestación mediante a plantación de 868 árbores novas nun espazo duns 4 quilómetros ao longo do leito do río.

Esta plantación inclúe tres tipos de módulos:

Módulo 1. Vexetación en contacto directo coa auga: amieiros e salgueiros.
Módulo 2. Especies para completar bosque de galería: Freixos, bidueiros e avellanos
Módulo 3. Vexetación clímax: carballos, castiñeiros e silvarda, entre outras.

    De cara ao futuro:

    Retos en materia ambiental:

    • Controlar as especies invasoras, especialmente no ámbito costeiro.
    • Minimizar vertidos ríos.

    Retos en materia de obra civil:

    • Ampliar as zonas de actuación e continuar coa senda.
    • Reperfilar taludes.
    • Mellorar zonas de drenaxe.

    Proxecto financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do PRTR, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.